top of page

NOVA CONVOCATORIA DE SOLICITUDES DE BOLSAS ERASMUS+ para ALUMNADO de CICLOS SUPERIORES de F.P.

 

Aberto o PRAZO de SOLICITUDES de BOLSAS ERASMUS+  para alumnado de CICLOS SUPERIORES, coa finalidade de facer FCT e PRÁCTICAS no estranxeiro. 

 

CONVOCATORIA e PRAZOS:

 

Prazo presentación de SOLICITUDES:  ata o 17 de FEBREIRO de 2020.

Lugar de PRESENTACIÓN: Formulario 'ON LINE' ao que podes acceder dende este LINK.

Listado provisional de bolseiros admitidos NA SOLICITUDE:  2 días despois de aberto o prazo de presentación de solicitudes.

RECLAMACIÓNS: durante os 5 días LECTIVOS seguintes á publicación do listado provisional.

RESOLUCIÓN de reclamacións e listado definitivo de bolseiros: a partir do terceiro día lectivo dende o último de reclamación.

Lugar de publicación de listados: na presente páxina web

A quén vai dirixida as Bolsas que temos

 

Para poder optar á BOLSA ERASMUS+ debes estar cursando un CICLO SUPERIOR e poder rematar nese curso a totalidade do CICLO, pendente se cabe da FCT, oU ter obtido o título nese ano académico.

 

As BOLSAS ERASMUS+ permiten facer a FCT ou PRÁCTICAS (si xa tes feita a FCT) no extranxeiro. A condición para poder facer PRÁCTICAS é que as fagas durante o ano seguinte e ter obtido o título do Ciclo Superior.

Onde podo facer a FCT ou Prácticas

 

En calesqueira dos paises que participan no programa ERASMUS+ e dos que tes relación nun apartado posterior onde se fala das axudas que se conceden.

 

O centro conta coa colaboración de diferentes empresas en centros de traballo que permiten o envio de alumnos a facer alí a FCT ou Prácticas. Será nesas empresas en por orden de asignación onde os poderemos enviar. O alumno pode presentar o compromiso dunha empresa ou centro de traballo que o acolla para facer a FCT ou Prácticas; aspecto que será valorado no proceso de outorgamento das BOLSAS.

 

Será o centro quen determine o lugar onde facer a FCT ou PRÁCTICAS sin non é posible atopar empresa no lugar e pais de preferencia do alumno. O alumno, nese caso, ten sempre a posibilidade de renunciar á BOLSA.

 

Cándo e cómo se solicita

 

Temos duas convocatorias ORDINARIAS cada curso académico. A primeira será en XANEIRO e a segunda en ABRIL. Ditas convocatorias fanse públicas mediante carteIs que se reparten por todo o centro educativo, mediante información que facilitamos aos titores, nesta páxina web, así como a do propio Instituto.

 

Cando se abre o PRAZO DE INSCRIPCIÓN debe presentarse, agora, unha SOLICITUDE 'on line'. Poderase solicitar máis documentación, si fora preciso, e tamen para resolver o reparto das bolsas. Serían os seguintes documentos:

1º.- Fotocopia do DNI.

2º.- Curriculum Vitae (CV.) redactado en formato EUROPASS con foto, así como aquela documentación compulsada que acredite os cursos e méritos que alega no CV.

3º.- Carta de presentación en INGLÉS ou FRANCÉS (dependendo da lingua vehícular do destino da mobilidade) seguindo o modelo que se facilita neste LINK.

4º.- Documento onde se acredite, si se dispón, do compromiso da empresa onde desexa facer a FCT ou PRÁCTICAS.

​​

Competencia lingüística

 

Valorarase a tua capacidade linguística mediante a documentación ou titulación de cursos oficiais dos que dispoñas e aportes na solicitude.

 

Cómo se adxudican as Bolsas

No caso de ser necesario e si houbera máis solicitudes que prazas para adxudica, haberá un tribunal que puntuará ata 10 puntos tendo en conta os seguintes apartados:

A.-  Informe do equipo docente eliminatorio recollido polo titor do alumno sobre os seguintes criterios:

1.   Responsabilidade e madurez.

2.   Respeto polas normas.

IMPORTANTE: O informe indicará si o alumno é considerado APTO ou NON APTO para facer a MOBILIDADE de acordo con aspectos citados anteriormente. Se o resultado do final do informe é NON APTO queda automáticamente eliminado do proceso de selección.

Si ten xa emitido un informe docente empregarase o mesmo salvo que a avaliación de NON APTO.

 

B.- Si o alumno/a presenta un CERTIFICADO OFICIAL que acredite ter un nivel de idioma para comunicarse no pais da mobilidade, sendo o valor máximo un 10 (será o 25% do total).

 

C.- Expediente académico (será o 25% do total), máximo 10 puntos:

Nota media do primeiro curso do Ciclo.

 

D.- Curriculum do alumno (será o 25% do total) seguindo os seguintes apartados:

1.   Puntuación base: 5 puntos.

2.  Titulación reglada: máximo de 2,5 puntos:

          a) FP Ciclo Superior: 1 punto

          b) FP Ciclo Medio: 0,5 puntos

          c) Idiomas: Titulación oficial: 0,5 puntos

3. Titulación non reglada relacionada co perfil profesional alegado na solicitude: máximo de 1 punto:

          Por cada 10 horas de curso: 0,1 punto

4. Experiencia profesional: máximo de 1,5 puntos:

          a) Do mesmo sector: 0,5 puntos por ano ata un máximo de 1,0 puntos

          b) Outro sector: 0,10 puntos por ano ata un máximo de 0,5 puntos.

 

E.- Inicitiva na búsqueda de empresa (será o 25% do total) tendo en conta:

Pretendemos premiar con esa puntuación aos alumnos que presenten un documento asinado pola empresa que os acollería para facer as prácticas ou FCT no lugar e pais a onde se desexa facer a movilidade. 

 

IMPORTANTE: SI houbera máis bolsas que solicitudes presentadas todas serán outorgadas, salvo que o solicitante non supere o apartado A destas Bases.

 

A canto ascende a Bolsa Erasmus+

 

A BOLSA ERASMUS+ para este curso acedémico ascende a 400,00€/mes (GRUPO 1), 350,00 €/mes (GRUPO 2), ou 300,00 €/mes (GRUPO 1) dependendo do pais onde fagas a FCT ou PRÁCTICAS.

 

A estancia mínima das PRÁCTICAS é de 2 meses e máxima de 3 meses, con bolsa ERASMUS+.

 

A estancia para a FCT se corresponderá co número de horas mínimas que se esixen académicamente. aproximadamente, 9 semanas. 

 

A duración da estancia sempre se mide dende o día da entrada na empresa e ata o día da saída de mesma.

 

O pagamento das axudas farase en función da estadía real xustificada no certificado de fin de estadía. Só poderán pagarse se o/a estudante achega a documentación solicitada. O período de estadía computarase por meses enteiros. No caso de meses incompletos a axuda financeira calcularase multiplicando o número de días do mes incompleto por 1/30 da  axuda mensual.

 

 

Existen outras axudas

 

Os alumnos/as que fagan a FCT terán, por agora, unha axuda da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia por valor de entre 500 e 700 euros dependendo do pais de destina da FCT, e do orzamento que a Consellería destine ese ano.

 

Si o que vas a facer é PRÁCTICAS unha vez rematado o CICLO non te podes acoller a estas axudas.

 

Para o trámite desta axuda nos encargamos nos da preparación do papeleo pero eres tí quen terá que asinalos.

 

Cándo me entregan as Bolsas de axuda

 

A bolsa ERASMUS+ entregase nun 80% no momento de asinar o contrato das prácticas e sempres que o ORGANISMO AUTÓNOMO DE PROGRAMAS EDUCATIVOS EUROPEOS (OAPEE) teña feito a transferencia de fondos a conta do Instituto. A cantidade restante (20%) ao regreso das prácticas e sempre que se teña entregada toda a documentación da FCT ou das PRÄCTICAS.

 

Para a entrega das cantidades correspondentes precísase a presentación dun certificado de conta bancaria do candidato onde facer o envío dos cartos.

 

A bolsa correspondete a Consellería de Educación, no caso das FCT, as envía directamente a conta bancaria do candidato. Veñen tardando de 3 a 6 meses dende finalizadas a FCT.

Cómo busco o aloxamento

 

No caso de Alemania temos a un centro educativo co que mantemos colaboración e ademáis de buscarnos empresas do sector de metal, nos buscan o aloxamento para os estudiantes.

 

Nos demáis destinos procuramos buscar sitios ou contactos para o aloxamento, pero sempre queda na responsabilidade do alumno/a encontrar o mesmo.

 

De todolos xeitos aquí tedes algunhas webs para a busqueda de aloxamento:

 

MILAN (Italia): 

http://www.stanzesingole.it

http://www.airbnb.es/

http://www.idealista.it

http://www.erasmusu.com

http://www.spotahome.com/es/

 

MALTA:

http://www.maltabudget.com/spanish/

http://www.airbnb.es/

http://www.erasmusu.com

http://www.spotahome.com/es/

OSNABRUCK (Alemania):

http://www.studentenwerk-osnabrueck.de/en/

http://www.airbnb.es/

http://www.erasmusu.com

http://www.spotahome.com/es/

PRAGA (República Checa):

https://www.suz.cvut.cz/en/dormitories/the-strahov-dormitory

http://www.airbnb.es/

http://www.erasmusu.com

http://www.spotahome.com/es/

 

bottom of page