top of page

Bases para a concesión de BOLSA ERASMUS+ KA103 e KA107 para PROFESORADO e PERSOAL de Ciclos Superiores

Abrese unha nova convocatoria para todo o persoal do centro que imparta docencia en CICLOS FORMATIVOS DE GRADO SUPERIOR, incluíndo o persoal de administración e servizos do centro.

Os interesados poderán solicitar unha BOLSA para facer unha MOBILIDADE no estranxeiro nesta convocatoria:

1: Europa ou noutros paises do Programa dentro do proxecto KA103 (4 prazas)

2: EE.UU. á cidade de Connecticut dentro do proxecto KA107 (1 praza)

 

Convocatoria e Prazos:

Nesta convocatoria ata o LUNS 17 DE FEBREIRO DE 2020.

Lugar de PRESENTACIÓN: Formulario 'ON LINE' ao que podes acceder dende este LINK.

Listado provisional de bolseiros admitidos NA SOLICITUDE:  2 días despois de aberto o prazo de presentación de solicitudes.

RECLAMACIÓNS: durante os 5 días LECTIVOS seguintes á publicación do listado provisional.

RESOLUCIÓN de reclamacións e listado definitivo de bolseiros: a partir do terceiro día lectivo dende o último de reclamación.

Lugar de publicación de listados: na presente páxina web.

Obxetivo:

Facilitar a ampliación de coñecementos i experiencias do persoal do centro, e que as mesmas sexan tramitadas ao resto da comunidade escolar nos ámbitos que correspondan.

A mobilidade de EE.UU. está dentro do programa KA107. No mesmo pretendemos fortalecer os cantatos xa abertos co centro A.I. Prince Technical High School de Hartford, en Connecticut, co fín de consolidar posteriores mobilidades de alumnado, e tamen, a formación nos últimos avances en fabricación industrial, aeroespacial ou no sector da construcción e obra civil, ademáis de visitar empresas destos sectores.

Duración financiada da mobilidade: 5 días:

O financiamento estímase para estancias habituais de 5 días, máis a duración da mobilidade poderá ser superior, podéndose facer estancias ata de dous meses, sempre que se contemple no convenio intersintitucional e o período restante sexa financiado mediante recursos proprios ou doutras fontes. Tamén se poderán conceder BOLSAS CERO ao persoal docente e non docente, é dicer, sen financiamento da U.E.
 

​Financiación da mobilidade:

Se financia a viaxe e os gastos de manutención.  Para paises de EUROPA ven saindo un total de 800 euros, aproximadamente.

   * Viaxe: Dependendo da distancia entre o IES POLITECNTO DE VIGO e a cidade de destino. Calculase mediante unha ferramenta de distancias do  ERAMUS+ no enlace seguinte: CALCULADORA DISTANCIAS

   * Manutención e aloxamento: No caso de paises de EUROPA no programa KA103 dependerá do nivel de vida do pais de destino, según la siguiente tabla:

 

 

 

 

 

​No caso de EE.UU. dentro do proxecto KA107 o importe total de axuda para 7 días (incluídos 2 para desprazamentos) será de 2.080,00 euros.

​​​​Requisitos para participar:

Ser profesor de Ciclos Formativos de Grado Superior ou persoal de administración e servizos do centro. Os interesados deberán facer a SOLICITUDE 'ON LINE', dentro do prazo da convocatoria.

 

O interesado/a  en facer a mobilidade a EE.UU. debe solicitalo no apartado 'PAIS ONDE DESEXA FACER A MOBILIDADE', e poñer EE.UU como primeira opción.

Os criterios de selección e puntuación serán:

 

A.- No proxecto KA103 a EUROPA e paises do programa:

 

Si temos menos solicitudes que bolsas a adxudicar, éstas outorgarranse directamente. No caso de termos máis solicitudes que prazas solicitarase documentación complementaria para facer a selección en función do criterio seguinte:

 

A puntuación será de ata un máximo de 10 puntos en cada apartado dos que obterase a media aritmética, e sendo a súa distribución:

1º.- Antiguedade no centro: 10% do baremo.

 

2º.- Ter participado en proxectos europeos: 20% do baremo.

 

3º.- Exposición dun pequeno INFORME dos OBXETIVOS que busca na mobilidade e a súa DIFUSIÓN POSTERIOR no entorno educativo do centro: 40% do baremo.; atendendo aos seguintes criterios e valorando o emprego de medios innovadores:

 

     1.- OBXETIVOS:
          1.1       Académicos
          1.2       Metodolóxicos
          1.3       Formación persoal
          1.4       Emprego de novas ferramentas

          1.5       Outros motivos
     2.- DIFUSIÓN:       
          2.1       Charla cos compañeiros do centro
          2.2       Dossier informativo

          2.3       Calqueira outro medio (especificar).
       

4º.- Ter unha empresa ou intitución que se comprometa á recepción do participante na sua mobilidade: 30 % do baremo.

​No caso de igual puntuación, terán preferencia na concesión da bolsas aquel solicitante que non teñan sido beneficiarios nos últimos tres anos.


A puntuación e selección publicarase na web do centro.

B.- No proxecto KA107 a EE.UU. A.I. Prince Technical High School de Hartford, en Connecticut.

 

Si temos unha solicitude adxudicarase directamente. No caso de termos máis solicitudes solicitarase documentación complementaria para facer a selección en función do criterio seguinte:

 

A puntuación será de ata un máximo de 10 puntos en cada apartado dos que obterase a media aritmética. A distribución é a seguinte:


1º.- Antigüedade no centro: 15% do baremo.


2º.- Ter participado en proxectos internacionais: 15% do baremo.


3º.- Exposición dun INFORME dos OBXETIVOS da movilidade adaptado aos fins do proxecto; e que sirva para unha DIFUSIÓN POSTERIOR no entorno educativo: 40% do baremo.; atendendo aos seguintes criterios e valorando o emprego de medios e tecnoloxías innovadoras:
1.- OBXETIVOS:
1.1 Académicos,
1.2 Metodolóxicos,
1.3 Formación personal,
1.4 Emprego de novas ferramentas (TIC),
1.5 Outros motivos
2.- DIFUSIÓN:
2.1 Charla cos compañeiros do centro,
2.2 Dossier informativo,
2.3 Cualqueira outro medio (debe especificarse na propuesta).


4º.- Coñecementos de inglés: 30%
       

​No caso de igual puntuación, terán preferencia na concesión da bolsas aquel solicitante que non teñan sido beneficiarios nos últimos tres anos.


A puntuación e selección publicarase na web do centro.

​​​​Datas das mobilidades e compromisos:

Para as mobilidades acollidas no proxecto KA103 deberán facerse antes de decembro de 2020. Para a mobilidade do proxecto KA107 as datas da mobilidade será do vernes 8/sábado 9 ao sábado 16 de maio de 2020.

 

COMPROMISO na MOBILIDADE a EE.UU.: O becario debe poder comunicarse en INGLÉS. RECOMENDASE ALUGAR UN COCHE PARA FACER OS DESPRAZAMENTO DENDE NEW YORK ata Connecticut, E AS VISITAS ÁS EMPRESAS.

bottom of page