top of page

Solicitude de BOLSAS no PROXECTO INTERPRAX (Mobilidade) para profesores de Ciclos de Grado Superior (convocatoria II)

Obxetivos, destino e duración
Como obxetivo principal está favorecer a mobilidade de profesores de Ciclos Superiores de FP para que emprendan unha experiencia de aprendizaxe ou profesional noutro país. Preténdese tamén, entroutras, a mellora das competencias vinculadas aos seus perfís profesionais, así como as competencias en lingua estranxeira. Do mesmo xeito, servir de contacto na organización das mobilidades nas que se colabora conxuntamente.

​

Ao noso centro foronlle concedidas 2 BOLSAS: Unha a BOSNIA xa destinada a traballos de contacto e coordinación da estadía dos 3 alumnos bosnios que están no noso centro, e outra de libre asignación:

 

Destino             Nº Bolsas       Días con axuda       Axuda manutención día       Axuda vaaixe       Centro de Acollida

ALBANIA                  1                            7                                     160,00 €                            360,00 €               www.umb.edu.al

A bolsa contempla axuda para a manutención diaría e a viaxe.

Adxudicación das bolsas
A adxudicación farase en base ás SOLICITUDES recibidas do profesorado de Ciclos Superiores que durante o prazo indicado nesta convocatoria a soliciten enchendo o formulario ‘ON LINE’ que está a continuación.

 

Dado a PREMURA DE DATAS nesta ocasión, as BOLSAS adxudicaranse por SORTEO entre os solicitantes.

 

 

Participan outros centros
A mobilidade está coordinada pola Consellería de Educación e ademáis dun representante do noso centro asistirán representantes dos centros seguintes:  IES Luis Seoane, IES Ramón Mª Aller Ulloa, e IES Cidade de Antioquía.

​

Compromiso dos bolseiros
Os solicitantes teñen que comprometerse a intentar conquerir empresas ou entidades no lugar da mobilidade que posibilite o intercambio de alumnos ou profesores. Deberán entregar un INFORME do resultado da mobilidade.

​

Cómo facer a solicitude e prazo
Dada a PREMURA da súa ADXUDICACIÓN e dado que a mobilidade ten que facerse entre o 10 e 16 de decembro de 2017 o prazo de solicitude rematará o XOVES 2 DE NOVEMBRO DE 2017. A SOLICITUDE deberá facerse mediante o seguinte FORMULARIO ‘ON LINE’:

​

​Charla informativa
No horario do recreo a tarde do luns 30 de outubro na sala de profesores, e no recreo da mañan do martes 31 de outubro na sala de profesores.

​

© 2014 por I.E.S. Politécnico de Vigo.                                                        @EMAIL de CONTACTO

  • w-facebook
  • Twitter
bottom of page