Convocatoria Erasmus+ 2017-2018 para o MOBILIDADE do persoal relacionado con CICLOS SUPERIORES do POLITÉCNICO de VIGO
Queda aberta a convocatoria Erasmus+ para todo o persoal do centro que imparta docencia en Ciclos Formativos de Grao Superior, e persoal de administración e servizos do citado centro.
A través do PROGRAMA ERASMUS+ que ten concecido o INSTITUTO os participantes poderán solicitar unha bolsa de mobilidade para facer unha estadía no estranxeiro, en Europa ou noutros países que permite o programa.
Obxetivo:
Facilitar a ampliación de coñecementos e experiencias do persoal do centro, e que as mesmas sexan trasmitidas ao resto da comunidade escolar nos ámbitos que correspondan. Sempre serán actividades relacionadas co papel e tarefas que veñen desenvolvendo no Instituto.
Duración da estandía: 5 días.
O financiamento estímase para estancias de 5 días, máis a duración da mobilidade poderá ser superior, podéndose realizar estancias ata de dous meses, sempre que se contemple no convenio interinstitucional e o periodo restante sexa financiado mediante recursos propios ou doutras fontes. Tamén se poderán conceder becas cero ao persoal docente e non docente, é dicir, sen financiamento da UE. A estadia terá que rematar antes de 15 de Setembro de 2018.
Financiación da mobilidade:
Se financia a viaxe e os gastos de manutención
-
Viaxe. Dependendo da distancia entre o país de orixe e de destino.
Cálculase mediante unha calculadora de distancias do Erasmus+ no seguinte enlace:
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-lus/tools/distance_en.htm
-
Manutención e aloxamento: dependerá do nivel de vida do país de destino (entre 100€ e 160€)
Engadimos un documento oficial onde se facilita a información sobre o financiamento da MOBILIDADE do PERSOAL dentro do PROGRAMA ERASMUS+. As BOLSAS que temos a disposición son para aprendizaxe. Baixa o seguinte documento
Requisitos para participar:
Ser profesor de Ciclos Formativos de Grao Superior, ou persoal de administración e servizos do citado centro. Os interesados deberán cubrir o impreso de solicitude e pasar por un proceso de selección posterior.
O impreso de solicitude entregarase na SECRETARÍA do I.E.S. Politécnico de Vigo antes das 13:00 h. do LUNS 12 DE MARZO DE 2018.
O impreso de solicitude baixase desde este link: IMPRESO
Os criterios de selección e puntuación están na seguinte páxina.
Destinos da mobilidade:
A empresa ou institución na que se desexa facer a mobilidade debe ser buscada polo interesado. O centro terá que asinar un CONVENIO de COLABORACIÓN para dita mobilidade. A entidade de acollida será quen XUSTIFIQUE o tempo da estadía.
Información
Terán lugar dúas charlas o MARTES 17 de ABRIL de 2018 na SALA DE PROFESORES e durante as horas de recreo (11:30 h. e 19:20 h.) coa finalidade de poder aclarar dúbidas.
Tamén podes visitar as web:
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/documents/erasmus-plus-programme-guide_es.pdf