Historia dos Proxectos Eurepeos no Politécnico
CURSO 2007-2008
Foi o primeiro ano que iniciamos cos programas europeos, onde marcharon 2 alumnos do C.S. Producción por mecanizado (plan LOXSE do agora chamado CS Programación da Producción en Fabricación Mecánica) a facer as prácticas FCT de abril a xunio de 2008 á MB Lusitana de Matrizes. SA, sita en Marinha Grande (Portugal). O contacto coa empresa foi a través do Centro de Formacão de CENFIM en Marinha Grande. Ese mesmo ano, Fernando Comesaña, de Fabricación Mecánica, tamén fixo unha estadía dende o 30 de xunio ao 11 de xullo en distintas empresas de Trofa (Portugal), a través do Centro de Formacão de CENFIM en Trofa. Alí foron cunhas bolsas que daba a Consellería, pero non eran fondos da unión europea.
CURSO 2008-2009
Solicitouse por vez primeira a Carta Erasmus, sendo concedidas bolsas únicamente para a movilidade do alumnado.
CURSO 2009-2010
Solicitouse a Carta Erasmus extendida, para poder facer tamén movilidade de profesorado, e foi concedida.
En setembro de 2009 un profesor do Landkreis Osnabrück pusoxe en contacto co noso centro para facer un Proxecto Comenius Regio en conxunto co Concello de Vigo. En decembro dese mesmo ano o Director e Xefa de estudos de aquela, foron a unhas xornadas da Unión Europea en Bruselas: Infodays. Alí se xusntaron con responsable do Landkreis Osnabrück para darlle xeito ao Proxecto. Foi solicitado en febreiro de 2010, e foi concedido en setembro de ese mesmo ano. Os socios do Proxecto Comenius Regio fueron:
ALEMANIA
Coordinador: Landkreis Osnabrück
Socios: Universität Osnabrück
Berufsbildende Schulen des Landkreises Osnabrück-Brinkstraße (escuela de FP)
Berufsbildende Schulen Haste (escuela de FP)
Freunde und Förderer der BbS Haste (Asociación de pais e nais)
ESPAÑA
Coordinador: Concello de Vigo
Socios: IES Politécnico de Vigo
Club Galego de Kinball
ANPA Peniche
Duración do Proxecto Comenius Regio: Cursos 2010-11 y 2011-12
CURSO 2010-2011
Tres alumnos do C.S. Regulación o Control (Adultos) foron a facer a FCT entre outubro e decembro do 2010 a Osnabrück. As empresas foron KME Germany AG, y Wendt-Maschinenbau.
Ese curso fixemos o primeiro intercambio con alumnos a Alemania. En novembro viñeron 15 alumnos de Osnabrück, da escola Berufsbildende Schulen Haste a Vigo. EStableceronse contactos cun instituto en Hamburgo, WOLFGANG-BORCHERT-GYMNASIUM. Con ese centro fixeronse intercambios.
Este curso foi o primeio do Proxecto Comenius Regio, primeira visita a Osnabrück en xaneiro de 2011, e logo viñeron eles aquí en xunio de 2011.
En abril de 2011 solicitáronse as primeiras bolsas Erasmus para facer as movilidades durante o curso 2011-2012. Foron concedidas en xunio.
En febreiro de 2011 solicitouse o Proxecto Comenius Multilateral, que fui concedido en xunio. A duración do Proxecto foi de dous anos, cursos 2011-12 e 2012-13.
CURSO 2011-2012
Segundo ano do Proxecto Comenius Regio. Fixose a segunda visita a Osnabrück en decembro de 201. En setembro de 2012 entregouse o informe final e foi valorado moi positivamente pola OAPEE.
Primeiro curso con bolsas Erasmus. Se obtiveron 7 bolsas para alumnos de Ciclos Superiores, e 8 bolsas para profesorado de ciclos. Un alumno do CS Regulación e Control (Adultos) fixo a FCT entre outubro e decembro de 2011 en Osnabrück con bolsa Erasmus. Foi o primeiro alumno do IES Politécnico de Vigo con bolsa Erasmus. O contacto foi a escola BBS Brinkstrasse, coa que seguimos colaborando tendo como contacto a Günter Willmann.
No período da FCT de abril a xunio de 2012 foron 6 alumnos a facer as prácticas: 5 a Osnabrück (2 de CS Programación da Producción en Fabricación Mecánica, 2 de CS Mantenemento Industrial, 1 de CS Regulación e Control) e 1 a Vichy (Francia) (CS Prevención). En Francia o contacto o temos co Cité Scolaire Albert Londres.
A primeiros de setembro de 2011 un dos profesores do centro empregou unha das bolsas Erasmus para profesorado na Hochschule Osnabrück.
En Setembro de 2012 celebrouse un curso nas instalacions da BBS Brinkstrasse da empresa de automatismos Beckhoff para un grupo de 5 profesores: 3 do departamento de electricidade, e 2 do departamento de Fabricación Mecánica). Tamén en agosto de 2012 duas profesoras de Fabricación Mecánica, fixeron un curso de desgaste de ferramentas na Hochschule für Technik und Wirtschaft Berlin (HTW).
Inicióuse en setembro de 2011 o Proxecto Comenius Multilateral. Levouse a cabo co alumnado de segundo da ESO, o coordinador era unha escola en Rumanía, e participaron no Proxecto escolas de Italia, Francia, Holanda, Noruega, Chipre, Turquía, Estonia e o noso centro. A cada xuntanza viaxaron dous alumnos de segundo da ESO acompañados por dous profesores, excepto a Rumanía por ser a primeira xuntanza, e a Turquía por ser a derradeira, no curso 2012-13.
En outubro de 2011 viñeron a visitarnos da escola polaca en Sosnowiec: a Zespol Szkol Mechaniczno-Elektrycznych; para a posible participación nun proxecto de movilidade de alumnado Leonardo da Vinci. A partir desa visita solicitouse tamén unha visita preparatoria Leonardo da Vinci a Polonia, onde dous profesores de Fabricación Mecánica visitaron as instalacions da citada escola, e chegouse ao acordo de presentar os respectivos proxectos de movilidade de 15 alumnos do CM de Mecanizado, proxecto que foi aprobado en xunio de 2012.
Solicitáronse para o siguiente curso 8 bolsas Erasmus para alumnado que foron concedidas.
En febreiro de 2012 solicitouse o Proxecto Comenius Multilateral xunto con Francia, Bélxica, Polonia e Italia, pero non foi concedido por falta de fondos da OAPEE. Tamén nesa data fui solicitado un Proxecto Comenius Bilateral con Holanda, que foi aprobado en xunio.
Celebrouse o intercambio con Hamburgo, participando duas profesoras con alumnos de primeiro de bacharelato.
Tamén recibimos alumnos da escola BBS Brinkstrasse de Osnabrück que fixeron prácticas en Vigo e Porriño. Organizouse a sua estadía e buscouselles as empresas. Viñeron 3 estudiantes en outubro de 2011 y outros 4 estudiantes en maio de 2012. Tamén en maio de 2012 viñeron 2 profesores da BBS Brinkstrasse para coñecer as instalacions do noso centro e visitar empresas do noso entorno.
CURSO 2012-2013
Segundo ano do Proxecto Comenius Multilateral. Levouse a cabo co mesmo alumnado do curso anterior, que nese curso estaban en terceiro da ESO. Entregouse o informe final en setembro de 2013 e foi valorado como moi satisfactorio pola OAPEE.
Primeiro curso do Proxecto Comenius Bilateral con Holanda, onde alguns alumnos de cuarto da ESO comenzan a asistir semanalmente a un curso de Holandés co obxetivo de preparar o intercambio para o siguiente curso.
Tamén empregáronse as 8 bolsas Erasmus concedidas: 2 alumnos do CS Programación da Producción en Fabricación Mecánica foron a Osnabrück no período de outubro a decembro, e no período FCT de abril a xunio foron 3 alumnos a Osnabrück (2 de Regulación e Control e un de Sistemas Electrotécnicos e Automáticos) e 3 a Malta (1 de Mantenemento Industrial e 2 de Proxectos de Urbanismo).
Durante este curso preparouse aos alumnos de segundo CM Mecanizado para a facer 15 días da FCT en abril de 2013 nas instalacions da escola Zespol Szkol Mechaniczno-Elektrycznych en Sosnowiec (Polonia) e na empresa Promet, na mesma cidade. Durante o curso os alumnos asistiron a clases de inglés semanales no instituto para preparar a sua estadía en Sosnowiec, e tamén recibiron formación en procesos de moldeo, que eran as prácticas a facer na escola e na empresa polaca. Foron acompañados por dous profesores do departamento de Fabricación Mecánica durante os 15 días.
En marzo de 2013 veu Annette Schulz da BBS Brinkstrasse para traballar en Secretaría. Estivo con nos duas semans, dende o 6 ao 20 de marzo.
Fíxose o intercambio con Hamburgo, participando duas profesoras do centro con alumnos de primeiro de bacharelato.
Tamén recibimos alumnos da escola BBS Brinkstrasse de Osnabrück que fixeron prácticas en Vigo e Porriño. Organizamos a sua estadía e localizamos as empresa. Viñeron 5 estudiantes en outubro de 2012 e outros 5 estudiantes en maio de 2013.
En febreiro de 2013 solicitouse de novo o Proxecto Comenius Multilateral xunto con Francia, Bélxica, Polonia e Italia, pero tampouco esta vez foi concedido de igual xeito que no ano anterior por falta de fondos da OAPEE.
Solicitáronse 10 bolsas Erasmus para o alumnado para o siguiente curso, que fueron concedidas en xunio.
CURSO 2013-2014
Segundo ano do Proxecto Comenius Bilateral con Holanda. Os alumnos participantes, este año cursando primeiro de bacharelato, fixeron unha estadía de 10 días en familias holandesas en Arnhem, acompañados na viaxe por 3 profesoras. Nos meses seguintes alumnos holandeses estiveron nas casas dos nosos alumnos.
Fixeronse 4 das 10 becas Erasmus no período da FCT dende outubro a decembro de 2013 en Osnabrück. Ese ano participaron 2 alumnos do CS Automatización e Robótica Industrial (adultos), 1 alumno do CS Sistemas Electrotécnicos e Automáticos, e 1 alumno do CS Mecatrónica Industrial. No período da FCT de abril a xunio de 2014. foron 4 alumnos con bolsas Erasmus. 2 do CS de Obra Civil a Milán e 2 do CS de Mecatrónica Industrial a Osnabrück.
No mes de setembro viñeron 16 alumnos da escola Zespol Szkol Mechaniczno-Elektrycznych en Sosnowiec, quenes fixeron nos talleres de Fabricación Mecánica unha formación en Mecanizado por Control Numérico impartido por profesorado do noso centro.
Tamén recibimos alumnos da escola BBS Brinkstrasse de Osnabrück que fixeron prácticas en Vigo e Porriño. Organizamos a sua estadía e localizamos as empresa para que poideran facer as prácticas. Viñeron 6 estudiantes en outubro de 2013.
Celebrouse un intercambio con Hamburgo, participando dous profesores e alumnos de primeiro de bacharelato.
Solicitaronse novas bolsas para movilidade de alumnos para prácticas, e de profesores para formación, baixo o programa ERASMUS+. Foron concedidas 10 bolsas para alumnos e 2 bolsas para profesores.
CURSO 2014-2014
Dous alumnos foron con bolsas ERASMUS+ a facer a FCT no péríodo de outubro a decembro de 2014 a Osnabrück. Os dous alumnos do CS de Mecatrónica Industrial.
Acollimos a 9 alumnos alemans da escola BBS Brinkstrasse de Osnabrück que están a facer as súas prácticas en Vigo e Porriño. Organizamos a sua estadía e localizamos as empresas para que poideran facer as prácticas.