top of page

Nova convocatoria do PROGRAMA "CONVIDA UN EXPERTO Á TÚA AULA" dentro das actividades ERASMUS+ para CICLOS SUPERIORES.

Dentro do PROXECTOS EUROPEOS ERASMUS+ que temos para o noso Instituto, abrimos unha nova convocatoria do programa "CONVIDA UN EXPERTO Á TÚA AULA"

 

OBXETIVOS DO PROGRAMA

o PROGRAMA consiste en convidar un TÉCNICO ou ESPECIALISTA dunha empresa ou institución doutro país que participe no programa ERASMUS+ (países da Unión Europea e algúns outros), para impartir unhas charlas ou experiencias sobre o que traballa ou é experto.

 

Para levar adiante este PROGRAMA temos fondos ERASMUS+ que nos permiten convidar ese EXPERTO para que veña ao noso centro. A axuda económica contempla os gastos de desprazamento, así como a súa estancia e manutención ata un total de 800,00 euros.

 

Deberá facerse un PROGRAMA DE ACTIVIDADES coordinado co voso Departamento. As actividades programadas deben contemplar un mínimo de 8 horas durante os 3 días da estancia. A axuda contempla ata 5 días, podendo ser 2 días para as viaxes de ida e volta.

 

En canto ao idioma podedes contactar con algún especialista que fale castelán o portugués que seguro será máis fácil para que os alumnos comprendan. Se falase outro idioma teríades que buscar tradutor/a.

 

Para que poidan participar todos os DEPARTAMENTOS vaise reservar unha BOLSA para cada un. Dita BOLSA debe ser solicitada en plazo e forma. Os departamentos que non a soliciten permiten que a sua BOLSA poida ser empregada para  outras actividades do PROXECTO KA103 de ERASMUS+ do centro, O SER CONCEDIDA A OUTRO DEPARTAMENTO INTERESADO EN CONVIDAR A MÁIS DUN ESPECIALISTA.

 

1.- Quén pode solicitar?

Calquera profesor que imparta docencia nun CICLO SUPERIOR DE FP. do noso centro.

 

2.- Cándo e cómo podo solicitar?

No prazo que se ten publicidado nesta web en cada curso.

3.- Cándo teño que facer a actividade?

Antes do 30 de MAIO de cada curso da convocatoria.

 

4.- Se nun departamento temos máis dunha solicitude como se resolve?

Se máis dun profesor dun mesmo Departamento solicita unha BOLSA deste PROGRAMA deberá ser o Departamento quen faga a selección, salvo que por renuncia doutros Departamentos puidesen quedar máis BOLSAS que sexan empregadas nesas solicitudes.

Máis información: Contactar co COORDINADOR de PROGRAMAS INTERNACIONAIS: Alfonso Blanco Epifanio

bottom of page