Ampliación de plazo para SOLICITUDE de BOLSAS ERASMUS+ para PRÁCTICAS de alumnos de CICLOS MEDIOS
Amplíase o prazo de SOLICITUDE de BOLSA ERASMUS+ para PRÁCTICAS ata o VENRES 21 de XUÑO de 2019 para ALUMNOS DE CICLOS MEDIOS, unha vez rematen a FCT.
Para SOLICITAR dita BOLSA ERASMUS+ emprega a plataforma 'ON LINE' dende o seguinte LINK.
As PRÁCTICAS terán un tempo mínimo de 2 a máximo de 6 MESES nun pais de Europa que participe neste Programa.
A convocatoria VAI DIRIXIDA a alumnos de CICLOS MEDIOS que rematen a FCT neste curso.
RESUME DA CONVOCATORIA:
Prazo presentación de solicitudes: ata o VENRES 21 DE XUÑO DE 2019 ás 24:00 horas
Lugar de presentación: FORMULARIO 'ON LINE' dende a Web de ERASMUS do IES POLITECNICO DE VIGO.
Listado provisional de solicitudes admitidas: nos 5 días seguintes ao remate da convocatoria.
Entrevistas e resolución de bolseiros e suplentes: nos 5 días seguintes á publicación do listado provisional.
Reclamacións: durante os 7 días seguintes á publicación da resolución provisional de bolseiros.
Resolución de reclamacións e listado definitivo de bolseiros: a partir do terceiro día hábil despois do último de reclamación.
Candidatos e cuantía das bolsas
Os alumnos que rematado o CICLO MEDIO e matriculado no nosos instituto, teña solicitado obter unha das BOLSAS ERASMUS+ para PRACTICAS (xestionadas pola DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA baixo o PROGRAMA denominado PRACTICUM DEPO) dentro do mesmo ano de matrícula, e para facer as PRÁCTICAS antes dos 12 meses seguintes á obtención do título.
A cuantía das bolsas poden chegar aos 6.000,00 €, incluídos a axuda para viaxe de ida e bolta, dependendo do pais de destino e duración das prácticas que non superarán os 6 meses.
Criterios de selección
Establécense os seguintes criterios do baremo a ter en conta no momento de máis solicitudes que de BOLSAS dispoña o Instituto. A nota final obterase da suma das puntuacións dos seguintes apartados:
1. Adecuación da titulación e do perfil da persoa bolseira (30%).
2. Expediente académico (20%).
3. Coñecementos de idiomas (20%).
4. Méritos (10%).
5. Entrevista persoal (20%).
O proceso selectivo será supervisado polo xefe de servizo de promoción de emprego en
desenvolvemento local da Deputación de Pontevedra (ou persoa en quen delegue).
No caso de empate, os criterios de desempate serán, e por esta orde:
• A maior puntuación no expediente.
• A maior puntuación na formación en idiomas.
En caso de continuar empatados, o desempate determinarase ó chou.
1. Adecuación da titulación e do perfil da persoa bolseira (30%)
• Valorarase, ata un máximo de 2 ptos. a motivación, autonomía, madurez, compromiso co programa, habilidades comunicativas (a partir do informe do/a titor/a, equipo didáctico ou orientador/a do centro).
• Valorarase a actitude nas clases e a asistencia regular ao ciclo cursado ata un máximo de 1 pto.:
—— Asistencia a máis do 90% das clases lectivas: 0,5 ptos.
—— Asistencia de menos do 90% das clases lectivas: 0 ptos.
—— Ausencia de faltas de conduta: 0,5 ptos.
—— Existencia de algunha falta de conduta: 0 ptos.
2. Expediente académico (20%)
Valorarase ata un máximo de 3 ptos. calculando a media aritmética das calificacións obtidas no ciclo formativo de grao medio (dos cursos finalizados):
PUNTUACIÓN NUMÉRICA PUNTUACIÓN NON NUMÉRICA BAREMO
Do 6 ó 6,99 Aprobado 0,5
Do 7 ó 8,99 Notable 1
Do 9 ó 10 Sobresaínte 1,5
Matrícula de honra 2
Non se terá en conta as calificacións –convalidado
3. Coñecementos de idiomas (20%)
3.1 titulacións no idioma inglés:
Polo certificado oficial da Escola Oficial de Idiomas ou equivalente legalmente homologado ata un máximo de 2 ptos.
—— A1: 0 ptos.
—— A2: 0,5 ptos.
—— B1: 1 ptos.
—— B2: 1,5 ptos.
—— C1 ou C2: 2 ptos.
Non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que levaron a adquirir outra de nivel superior.
Sen certificado oficial: realización dunha proba de nivel (escrito+oral) ata un máximo de 1 pto.
3.2 Baremo dun segundo idioma: valorarase o coñecemento doutro idioma cun nivel mínimo de A2 e con acreditación de certificado oficial, do mesmo xeito que para o inglés, ata un máximo de 1 pto.:
—— A2: 0,5 ptos.
—— B1, B2, C1, C2: 1 ptos.
* a puntuación máxima que se pode obter neste apartado é de 2 ptos.
4. Méritos (10%)
3.1 titulacións no idioma inglés:
• Valorarase con 0,5 ptos. cada título de formación profesional de grao medio diferente o que lle de acceso a mobilidade ata un máximo de 1 pto.
5. Entrevista persoal (20%)
Habilidades persoais e sociais suficientes para desenvolverse en contornos distintos os acostumados. Valorarase a acreditación de pertenza a calquera tipo de ONG ou participación de programas de voluntariado, interese, iniciativa, etc.
Non obstante o anterior, todos os criterios poderán ser valorados con puntuación cero en caso de que o comité de selección constituído en cada centro educativo o considere oportuno. Neste sentido, incluso no caso de que unha ou un alumno cumpra os requisitos formais para o acceso a unha das prazas para realizar unha mobilidade Erasmus+, as e os membros do comité de selección de cada centro de FP poderán denegarlle directamente o dereito sen mais trámite en caso de que estimen que non cumpre os criterios mínimos para a súa realización en canto a conduta, comportamento, entorno, motivación, factores educativos, traxectoria, actitude etc.).