top of page
erasmuspolitecnicovigo

Dentro da AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL GALICIA-NORTE DE PORTUGAL acaba de abrirse


cab_izquierda.gif

Obxectivos

Ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os profesores dos Centros Públicos de Formación profesional da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal para a posta en común de actividades formativas, investigadoras e divulgativas.

Participantes

Profesores de CENTROS PÚBLICOS de FORMACIÓN PROFESIONAL da Eurorrexión GALICIA e da NORTE DE PORTUGAL que teñan contrato en vigor durante o período de realización do intercambio, así como condicións de poder traballar no país no que se solicita a estadía

Orzamento

O Programa IACOBUS-FP dispón de unha única modalidade de pagamento para aboar os gastos de desprazamento e estadía que será de 600 € para unha única semana de estancia no centro de destino.

Datas da estadía

As estadías da 1ª convocatoria do Programa IACOBUS-FP deberanse levar a cabo dende o 22 de xuño de 2015 ata o 30 de setembro de 2015.

Procedemento

O Candidato deberá contactar co Centro de Formación Profesional de destino onde quere realizar a súa estadía acordando as datas da estancia e o tema de traballo. É preciso ter cumplimentada as CARTAS DE ACEPTACIÓN da centro educativo de orixe e destino.

Prazos e presentación de solicitudes

As solicitudes deberán enviarse por correo certificado antes do 1 de xuño de 2015 (data do cuño postal) á sede da GNP-AECT (Rúa Eduardo Cabello, s/n. Edificio CETMAR, 2ª planta. 36208-Bouzas, Vigo (Pontevedra). España).

Solicitudes

Unha única solicitude é a que se permite presentar.

Os formularios de solicitude atoparase na páxina web da GNP-AECT (www.gnpaect.eu), e terán que ir acompañados da seguinte documentación, unicamente en idioma galego, castelán ou portugués:

a. Fotocopia DNI;

b. Acreditación da relación co Centro de Formación Profesional;

c. Currículum Vitae, preferiblemente en formato “Europass”;

d. Datos do solicitante e descrición do proxecto a desenvolver

e. Cartas de Aceptación (Anexo II e III) das institucións de orixe e destino.

Prazos de resolución

Recibidas as solicitudes, a Comisión de Avaliación poderá establecer un prazo de 7 días naturais para emendar erros e achegar a documentación pertinente.

Selección de candidatos

As solicitudes serán valoradas por unha comisión de avaliación.

A Comisión avaliará o proxecto presentado de acordo co Anexo VIII, tendo o Presidente da mesma voto de calidade en caso de empate. Ademais, a Comisión tentará manter unha proporcionalidade entre ámbolos territorios da Eurorrexión.

Resolución e notificación

A GNP-AECT publicará na súa páxina web unha relación provisional de seleccionados e concederase un período de reclamación de 5 días hábiles. Tras este período, a Dirección da GNP-AECT fará pública unha resolución motivada co nome dos seleccionados, podendo ser recorrida esta perante o mesmo órgano que ditou a resolución.

Acreditación da estadía e Pagamento

Unha vez realizada a estadía, os beneficiarios deberán presentar á GNP-AECT, no prazo de 10 días naturais a partir do remate da estadía, unha memoria que evidencie o traballo desenvolvido (Anexo VI), xunto cunha acreditación, do centro receptor, de que se ten realizado a estadía aprobada (Anexo V).

Máis información


0 views0 comments
bottom of page