top of page

FORMACIÓN PROFESIONAL - PROXECTOS ERASMUS+

Contamos con varios PROXECTOS ERASMUS+ dirixidos tanto a PERSOAL como ALUMNADO de CICLOS SUPERIORES  como CICLOS MEDIOS de FORMACIÓN PROFESIONAL.
Dedicamos un apartado para cada un destes PROXECTOS nos que podes ter máis información dos mesmos e en que medida podes solicitar unha mobilidade, así como dos posibles destinos.

Tranvía de Lisboa

CICLOS MEDIOS de FP - PROXECTOS KA102

Tamén temos un PROXECTO destinado aos CICLOS MEDIOS. Contamos con mobilidades para que o ALUMNADO poida realizar estancias curtas FORMACIÓN, de ata 90 días; así como para estancias máis longas, de ata 100 días. No primeiro dos casos destinarémolas á realización da FCT, e no segundo para a realización de PRÁCTICAS unha vez titulado.


A PERSOAL conta, neste proxecto, cun orzamento para mobilidades de FORMACIÓN dunha duración de 5 días, ademais de 2 para os desprazamentos ao destino.


Contamos tamén coa posibilidade de CONVIDAR a un EXPERTO para que poida axudar á mellora nos coñecementos e técnicas do noso PERSOAL como ALUMNADO.

Podes ter máis información destes PROXECTOS se pulsas no seguinte botón. Aí poderás coñecer as contías das bolsas e outros aspectos de axuda á mobilidade.

Sunset Brandenburg Gate

CICLOS SUPERORES de FP - PROXECTOS KA103

Nestes momentos temos varios PROXECTOS ERASMUS+ denominados  KA103 e que van dirixidos tanto a PERSOAL como ALUMNADO de CICLOS SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL.


Nos devanditos PROXECTOS podemos xestionar as mobilidades do alumnado para a realización de FORMACIÓN en CENTROS de TRABALLO ( F. C. T.); así como para PRÁCTICAS unha vez titulado.


No caso do PERSOAL pódense realizar mobilidades para FORMACIÓN. Estas últimas mobilidades serán de, como mínimo, 2 días e máximo de 5, podendo engadir 2 días para as viaxes de ida e regreso.


Temos que engadir que contamos tamén mobilidades para CONVIDAR a un EXPERTO ao noso centro educativo, e que contribúan á mellora nos coñecementos e formación en novas técnicas industriais ou de formación.

Podes ter máis información destes PROXECTOS se pulsas no seguinte botón. Aí poderás coñecer as contías das bolsas e outros aspectos de axuda á mobilidade.

MOSTAR.jpg

CICLOS SUPERIORES de FP - PROXECTOS KA107

Os proxectos  KA107 van dirixidos a mobilidades con  paises fóra da Unión Europea coa finalidade de intercambiar experiencias tanto para o alumnado como para o persoal de Ciclos Superiores de  F. P.


O noso centro presentou varios proxectos e nestes momentos contamos con mobilidades a EEUU, BOSNIA &  HERCEGOVINA, así como con ALBANIA.
As mobilidades permiten tamén contar coa presenza de persoal de centros de devanditos  paises cos que establecemos convenios de colaboración.


No caso do alumnado poderán realizar unha mobilidade para  FCT ou PRÁCTICAS, e no caso do persoal para FORMACIÓN, tanto en mobilidades entrantes como saíntes.

Podes ter máis información destes PROXECTOS se pulsas no seguinte botón. Aí poderás coñecer as contías das bolsas e outros aspectos de axuda á mobilidade.

FP: Servicios para eventos
bottom of page