Alumnado seleccionado Ciclos Medios FP
Convocatoria aberta ata o venres 2 de Decembro de 2022 ás 23:59 h.
Convocatoria bolsas ERASMUS+ para alumnado de CICLOS MEDIOS
Bases da convocatoria
Prazo presentación de solicitudes: O indicado na CONVOCATORIA ABERTA por procedemento 'on line'.
Lugar de presentación: FORMULARIO 'ON LINE'.
Listado provisional de solicitudes admitidas: nos 5 dÃas seguintes ao remate da convocatoria.
Entrevistas e resolución de bolseiros e suplentes: nos 5 dÃas seguintes á publicación do listado provisional.
Reclamacións: durante os 7 dÃas seguintes á publicación da resolución provisional de bolseiros.
Resolución de reclamacións e listado definitivo de bolseiros: a partir do terceiro dÃa hábil despois do último de reclamación.
​
Criterios de selección
​
Establécense os seguintes criterios do baremo a ter en conta no momento de máis solicitudes que de BOLSAS dispoña o Instituto. A nota final obterase da suma das puntuacións dos seguintes apartados:
1. Adecuación da titulación e do perfil da persoa bolseira (30%).
2. Expediente académico (20%).
3. Coñecementos de idiomas (20%).
4. Méritos (10%).
5. Entrevista persoal (20%).
O proceso selectivo será supervisado polo Coordinador de Programas Internacionais do IES Politécnico de Vigo (ou persoa en quen delegue).
​
Se podrá solicitar INFORME ao titor ou equipo docente do alumnado seleccionado, para ver a idoneidade destes para facer unha mobilidade ao estranxeiro. En caso dun informe negativo non terá dereito á bolsa solicitada.
No caso de empate, os criterios de desempate serán, e por esta orde:
• A maior puntuación no expediente.
• A maior puntuación na formación en idiomas.
En caso de continuar empatados, o desempate determinarase ó chou.