top of page

Alumnado Ciclos Superiores FP

Convocatoria aberta ata o venres 22 de Decembro de 2023 ás 23:59 h.

trabajadores de la construcción

Convocatoria bolsas ERASMUS+ para alumnado de CICLOS SUPERIORES

Bases da convocatoria

Prazo presentación de solicitudes:  o indicado na CONVOCATORIA ABERTA, con procedemento 'on line'.

Lugar de presentación: FORMULARIO 'ON LINE'.

Listado provisional de solicitudes admitidas: nos 5 días seguintes ao remate da convocatoria.

No caso de ter máis solicitudes que bolsas:
Entrevistas e resolución de bolseiros e suplentes: nos 5 días seguintes a publicación das solicitudes admitidas.

Reclamacións: durante os 7 días seguintes á publicación da resolución provisional de bolseiros.

Resolución de reclamacións e listado definitivo de bolseiros: a partir do terceiro día hábil despois do último de reclamación.

​

Criterios de selección

​

Establécense os seguintes criterios do baremo a ter en conta no momento de máis solicitudes que de BOLSAS dispoña o Instituto. A nota final obterase da suma das puntuacións dos seguintes apartados:


1. Adecuación da titulación e do perfil da persoa bolseira (30%).
2. Expediente académico (20%).
3. Coñecementos de idiomas (20%).
4. Méritos (10%).
5. Entrevista persoal (20%).


O proceso selectivo será supervisado polo Coordinador de Programas Internacionais do IES Politécnico de Vigo (ou persoa en quen delegue).

​

Se podrá solicitar INFORME ao titor ou equipo docente do alumnado seleccionado, para ver a idoneidade destes para facer unha mobilidade ao estranxeiro. En caso dun informe negativo non terá dereito á bolsa solicitada.

No caso de empate, os criterios de desempate serán, e por esta orde:
• A maior puntuación no expediente.
• A maior puntuación na formación en idiomas.
En caso de continuar empatados, o desempate determinarase ó chou.

ALUMNADO CS SOLICITUDES E BASES: Acerca de
bottom of page