Alumnado seleccionado Ciclos Medios FP
Convocatoria aberta ata o venres 2 de Decembro de 2022 ás 23:59 h.
Convocatoria bolsas ERASMUS+ para alumnado de CICLOS MEDIOS
Bases da convocatoria
Prazo presentación de solicitudes: O indicado na CONVOCATORIA ABERTA por procedemento 'on line'.
Lugar de presentación: FORMULARIO 'ON LINE'.
Listado provisional de solicitudes admitidas: nos 5 días seguintes ao remate da convocatoria.
Entrevistas e resolución de bolseiros e suplentes: nos 5 días seguintes á publicación do listado provisional.
Reclamacións: durante os 7 días seguintes á publicación da resolución provisional de bolseiros.
Resolución de reclamacións e listado definitivo de bolseiros: a partir do terceiro día hábil despois do último de reclamación.
Criterios de selección
Establécense os seguintes criterios do baremo a ter en conta no momento de máis solicitudes que de BOLSAS dispoña o Instituto. A nota final obterase da suma das puntuacións dos seguintes apartados:
1. Adecuación da titulación e do perfil da persoa bolseira (30%).
2. Expediente académico (20%).
3. Coñecementos de idiomas (20%).
4. Méritos (10%).
5. Entrevista persoal (20%).
O proceso selectivo será supervisado polo Coordinador de Programas Internacionais do IES Politécnico de Vigo (ou persoa en quen delegue).
Se podrá solicitar INFORME ao titor ou equipo docente do alumnado seleccionado, para ver a idoneidade destes para facer unha mobilidade ao estranxeiro. En caso dun informe negativo non terá dereito á bolsa solicitada.
No caso de empate, os criterios de desempate serán, e por esta orde:
• A maior puntuación no expediente.
• A maior puntuación na formación en idiomas.
En caso de continuar empatados, o desempate determinarase ó chou.