top of page
Clase de ingenieria

CICLOS SUPERIORES FP

Para o alumnado e persoal relacionados cos Ciclos Superiores de FP do IES Politécnico de Vigo contamos con varios proxectos ERASMUS+ que permiten facer mobilidades para FCT, PRÁCTICAS e, FORMACIÓN.

O alumnado ten mobilidades para FCT e PRÁCTICAS. O personal pode facer mobilidades de FORMACIÓN, así como convidar a EXPERTOS para mellorar os coñecementos de alumnado e persoal.

As mobilidades poden facerse a paises de Europa. Tamén a outros do resto do mundo onde teñamos concedidas mobilidades nun proxecto KA107. Nestes momentos contamos con mobilidades a EEUU, ALBANIA, e BOSNIA HERZEGOBINA.

Poderán ser beneficiarios de mobilidades ERASMUS+ o alumnado e persoal de CICLOS SUPÈRIORES:

1.- Matriculado ou traballador no noso instituto.

2.- Teña solicitado, en convocatoria pública, unha das BOLSAS ERASMUS+ para FCT, PRACTICAS, ou ambas, no caso do alumnado. No caso do persoal, para FORMACIÓN ou DOCENCIA, neste último caso para convidar a un EXPERTO.

3.- O alumnado que desexe facer prácticas deberá facerlas antes dos 12 meses seguintes de titular.

4.- O tempo financiado da mobilidade para FCT e PRÁCTICAS para o alumnado será de 90 días máximo.

5.- A mobilidade financiada de formación ou docencia para o persoal será de 5 días.

Se desexas máis información dos proxectos ERASMUS+ que temos e nos que desexes participar, accede á paxina do proxecto correspondente.

No caso de estar interesado en participar preme no botón correspondente. Dende ahí chegarás a un formulario con catro apartados, no caso de alumnado, e cun apartado no caso de persoal.

Para o ALUMNADO encherás:

1.- Os teus datos persoais.

2.- O Ciclo no que estás matriculado.

3.- Os paises preferentes de destino da mobilidade.

4.- O nivel de idiomas que posues.

Para o PERSOAL encherás os teus datos persoais.

Preme no BOTÓN correcto:

bottom of page