MOBILIDADES `CONVIDA UN EXPERTO´´
CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE F.P.
Obxetivos:
Convidar un TÉCNICO ou ESPECIALISTA dunha empresa ou institución doutro pais que participe no programa ERASMUS+ (paises da Unión Europea e algúns outros), para impartir unhas charlas ou experiencias sobre o que traballa ou é experto.
De qué maneira se executa?:
Con fondos ERASMUS+ que nos permiten convidar a ese EXPERTO para que veña ao noso centro. A axuda económica contempla, para o convidado, os gastos de desplazamento, así como a súa estancia e manutención ata un total de 800,00 euros, aproximadamente.
Qué debe facer o experto?:
Facer un PROGRAMA DE ACTIVIDADES coordinado co voso Departamento. As actividades programadas deben contemplar un mínimo de 8 horas durante os 3 días da estancia. A axuda contempla ata 5 días, poidendo ser 2 días para a viaxe de ida e volta.
Qué pasa co idioma?:
En canto ao idioma podedes contactar con algún especialista que fale castelán o portugues que seguro será máis fácil para que o alumnado comprenda. Si falara outro idioma teríades que buscar traductor/a.
Quénes poden participar?:
Todos os DEPARTAMENTOS que imparten Ciclos Medios ou Superiores de F.P. terán reservadas unha BOLSA para cada un. Dita BOLSA debe ser solicitada en plazo e forma. Os departamentos que non a soliciten permiten que a sua BOLSA poida ser empregada para outras actividades dos PROXECTOS ERASMUS+ do centro.
Quén pode solicitar?:
Calquera docente que imparta clase nun CICLO MEDIO ou SUPERIOR DE FP.
Cándo e cómo podo solicitar?:
Dende hoxe e ata o 7 de MAIO 2021, empregando o FORMULARIO 'ON LINE' ao que podes acceder premendo no botón abaixo indicado.
Cándo teño que facer a actividade?:
Durante este curso académico, preferentemente. Tamén antes e rematar decembro deste ano, ou maio do vindeiro ano. O indicas no formulario de solicitude. Terán preferencia os que fagan a actividade antes de rematar este curso.
Si nun departamento temos máis dunha solicitude cómo se resolve?
Si máis dun profesor dun mesmo Departamento solicita unha BOLSA deste PROGRAMA deberá ser o Departamento quen faga a selección, salvo que por renuncia doutros Departamentos poideran quedar BOLSAS ceibes e poideran ser empregadas nesas solicitude.
IMPORTANTE!:
Unha vez rematado o PRAZO DE SOLICITUDES, as mobilidades sen adxudicar outorgaranse nas sucesivas peticións por orden das mesmas, ata agotar as existentes ou, que se abra unha nova convocatoria.